maio

Construción de madeira totalmente cuberta de follas, flores e outros adornos, que se saca ás rúas polo mes de maio cantando coplas.

Etimoloxía

A denominación deste mes tomámola do latín maius, -i, e este podería proceder do nome da deusa Maia, asociada á fertilidade, que se festexaba este mes.

Exemplos *

Pra facermos este maio tivemos que ir roubar o fiúncho e mailas flores á casa do señor Xoán." (Guillermo Campos: O Correo Galego 01-05-2002)

"Outro tipo de Maio é o figurativo: coniforme, piramidal, estrelado, cruceiro, hórreo, barco, moneco …, adornado con ramallo, follas, flores e ovos." (Xesús Taboada Chivite: Etnografía galega, cultura espiritual)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.