maiola

Castaña seca e sen casca que se garda moito tempo.

Etimoloxía

É un derivado de maio.

Exemplos *

"… o Maio deitábase no chan e o coro berraba: Boten maiolas da hucha do can, boten maiolas señor capitán." (Lois Tobío: As décadas de T. L.)

"O Maio déitase, os compañeiros pillan as maiolas á rapañota, e cántanlle." (Vicente Risco: Etnografía: Cultura espiritual)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.