Salsa feita con ovo e aceite, batidos ata que espesan.
Etimoloxía
Procede da forma francesa mayonnaise, que se formou a partir do topónimo Maó, das Illas Baleares, segundo algunhas versións, en lembranza dunha vitoria militar.
Exemplos *
"Era práctico poder coller un limón no momento preciso, cando se lle ocorría facer unha maionesa ou preparar uns mexillóns ao vapor e se encontraba con que non tiña un limón a man." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)
"… un mollo feito con aceite e ovo, case como unha maionesa, e pataquiñas metade cocidas e metade fritas." (Manuel Forcadela: Fóra de xogo)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.