maiorana

(Origanum majorana) Planta herbácea da familia das labiadas, de follas opostas e ovadas e flores brancas en acios, moi utilizada en medicina e perfumaría.

Etimoloxía

Esta denominación procede do latín científico majorana.

Exemplos *

“... cheiraba a limón e a tomiño, a té das Indias, a menta, a pementa verde, a maiorana, a auga de chuvia, a suspiro, a eucalipto, a sésamo ...” (Teresa Moure: Herba moura)

“O ourego é unha herba aromática que se recolle en outono; é un arbusto de follas ovais, con pelos no envés e bordos dentados, parecido a outra planta tamén de recendo, a maiorana.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.