Caixa de coiro, lona ou outros materiais, que se usa para levar cousas nas viaxes e que pode ter unha ou dúas asas para transportala na man
Etimoloxía
Palabra tomada do francés antigo malete diminutivo male ‘baúl’.
Exemplos *
“A coroa desaparecera do país nos anos setenta, escondida dentro da maleta dun dos moitos etíopes que fuxiran do sistema político de entón... e rematou nos Países Baixos, onde a atopou un home que decidiu non devolvela, senón coidala.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)
“Valentina asistiu sentada na cama a ese proceso silencioso e feliz de facer as maletas, de empaquetar unhas cousas e deixar outras.” (Inma López Silva: Aqueles días en que eramos malas, 2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.