mallante

Liña que se forma na beira da praia por acumulación de algas, ramas ou outros residuos do mar, e sinala o punto ata onde subiu a marea

Etimoloxía

Vocábulo que se relaciona co verbo “mallar” que, á súa vez, remite a “malla” que vén do francés maille ‘malla’.

Exemplos *

“A tripulación procedeu entón a asegurar a embarcación lonxe de calquera arroutada do mar e do vento e, a seguir, descargou unha parte da impedimenta. Montaron as tendas utilizando unhas armazóns triangulares de madeira a suficiente distancia tamén do mallante da praia, ó tempo que era acendido o lume.” (Xoán Bernárdez Vilar: A saga da illa sen noite, 2001)

“O galeón escora co duro leste laudando co botalón de proa as areas de Quenxo, Tanxil, Tronco, Porrón e Lodeiro, toucadas por mallante de argazo, de verdello, de bocho, broza e carromeiro, de sebas e correolas.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)

C

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.