Golpear cun mallo ou por medios mecánicos o cereal, as fabas etc. para separar o froito ou o gran.
Etimoloxía
Deriva de mallo, que remite ao latín malleus, -i 'mazo'.
Exemplos *
"A festa rememora o labor que secularmente se realizou a man e no que participaban todos os veciños para mallar trigo, centeo ou avea." (A Nosa Terra 15-01-2009)
"… pedira a baixa, pretextando enfermidade, para poder vendimar, colleitar o millo ou mallar o centeo." (Xavier Castro: Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (séculos XIX e XX))
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.