Que vive ou se atopa nunha situación de coita ou desgraza, vítima da sorte adversa
Etimoloxía
Palabra que se forma sobre a frase latina malum peccatum ‘mal pecado’.
Exemplos *
“Aló van, malpocadiños, / todos de esperanzas cheios, / e volven, ¡ai!, sin ventura, / con un caudal de despresos.” (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 1863)
“Naquel horror de berros náufragos da madrugada, bótase ó mar cunha chalana e rema. O mariñeiro achégase ós brazos que se van cun aceno de terrible despedida. Pero só consegue salvar o patrón do bote. As cinco mulleres afogan, malpocadas.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


