maltrato

Acción e efecto de maltratar

Etimoloxía

Palabra relacionada co verbo “maltratar” que é unha creación sobre o vocábulo “tratar” que procede do latín tractare ‘arrastar’, ‘tocar’.

Exemplos *

“Emilia Pardo Bazán dedica moitas páxinas a denunciar o maltrato ás mulleres, tanto en novela e contos como en artigos. É consciente da falta de interese polo tema e a carencia de palabras para poder relatalo.” (Carme Adán: Feminicidio. Unha nova orde patriacal en tempos de submisión, 2018)

“Sexa como for, a desconsideración e o maltrato recibidos polo Boloñés así como os presaxios de inminentes confrontacións de resultado incerto convertíanse en razóns máis que poderosas para liscar de Leiría sen moita demora.” (Manuel Portas: Lourenço, xogar, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.