Planta ventureira da familia das malváceas, da que existen diversas especies, que pode alcanzar unha altura considerable, con flores, polo xeral, de cor violeta clara, rosa ou branca.
Etimoloxía
A denominación que tiña no latín coincide coa nosa.
Exemplos *
“Xuntamente coa malva, uña de cabalo e unha especie de sempreviva forman as catro flores pectorais coas que se preparaba unha tisana para combater catarros pulmonares, tose e bronquite …” (Pilar Antelo Docampo e Xaquín Penas Patiño: As plantas medicinais)
“… só o xeranio e o gladíolo aturan o abafo estival; os sombreados polos muros, onde crece a malva real, que require un trato esmerado …” (Roberto Salgueiro: Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.