malvasía

Viño elaborado con esta uva

Etimoloxía

Denominación procedente do topónimo Malvasía, adaptación do nome dunha cidade do Peloponeso.

Exemplos *

“E as típicas perdices daquela bisbarra en escabeche ou en guiso de mel e viño malvasía; e cocido galego ben posto de porco, castañas e verduras; e postres varios con bizcoitos recheos de mel ou nata, tartas e hipocrás. E botellas de viños do país e mais exóticos.” (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería, 1996)

“O príncipe Borgia brinda con malvasía no medio dos figurantes. Será unha noite terrible, abofé; altísima, cegadora, que ningún dos presentes pode imaxinar.” (Víctor F. Freixanes: O enxoval da noiva, 1988)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.