malvela

(glechoma hederacea) Planta herbácea da familia das aráceas, de follas grandes cun pecíolo longo, raíz tuberculosa e unha espata cun espádice no interior

Etimoloxía

Denominación que se forma por derivación sobre o nome “malva” que procede do latín malva de significado semellante.

Exemplos *

"O ceo permanecía anubrado e o arco da vella abranguía a paisaxe polo norte. Tronceda semellaba durmir baixo os xermolos. Camiño da fonte, Carlos só escoitou o canto dos paxaros e o zoar das abellas entre as flores malvelas.” (Francisco X. Fernández Naval: Sombras no labirinto, 1997)

“A miúdo utilizan herbas medicinais que elas mesmas cultivan na horta, como a macela e a herba luísa para cura-la conxestión, a barba de millo fervida para cura-las enfermidades da próstata, a malvela para calma-las doenzas menstruais...” (Fina María Antón e Manuel Mandianes: O ciclo da vida, 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.