malvís

Paxaro da familia dos túrdidos (Turdus iliacus), de cor parda no lombo, ás e cola, abrancazada con pencas no peito e rubia nos flancos.

Etimoloxía

Parece que nos chegou desde unha forma do francés antigo malvis, probablemente de orixe bretoa.

Exemplos *

"Poucos meses antes de morrer, cando a primavera alborexaba polos montes deixando ouvir o canto do malvís …" (Miguel A. Mato Fondo: Xope de Lilaina)

"… o malvís era vermello e cantaba na primavera, cantaba ás mañás, daba gusto oílos, non había paxaro coma el …" (Emilio Araúxo: Cinsa do vento. Libro da Ribeira Sacra)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.