Recipiente en forma de botella ao que se lle axusta unha peza de goma cun orificio, que se emprega fundamentalmente para darlles de mamar ás crías dos mamíferos.
Etimoloxía
Derivouse a partir do verbo mamar.
Exemplos *
“Eva emitía para o gato un cheiro a leite que se vai perder para sempre, a mamadeira enchida que non vai ser de ninguén.” (Emma Pedreira: Bestiario de silencios)
“Meteume a mamadeira na boca e, cando pensou que ía pór cara de noxo e cuspila, como facía a cotío, abraceime á botella e comecei a chuchar …” (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.