Baile de orixe cubana de ritmo moi rápido, parecido á rumba.
Etimoloxía
Non se coñece con seguridade a orixe desta forma.
Exemplos *
"Un mambo, bolero, ou un merengue ben bailados, poden ser a orixe dunha paixón que che faga perder a cabeza." (Roberto Vidal Bolaño: Rastros)
"Soa con forza un pegadizo ritmo de mambo." (José Luis Prieto Roca: Fobias)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.