mamila

Especie de botón que sobresae das mamas, por onde as crías chuchan o leite.

Etimoloxía

No latín era mamilla, -ae, diminutivo de mamma, -ae ‘peito’ e de aí nos chegou.

Exemplos *

“Os bebés que nacen nun parto natural respectado veñen cos ollos abertos e con forza para agarrarse ben á mamila.” (Marinha Cabaleiro e Rosa Neira: Tempos Novos 10-2007)

“Poñíallo a Adosinda no bico do peito cada tres horas, mesmo daba gloria miralo, chuchaba coma un león, tiráballe das mamilas que llas arrincaba …” (María Gándara: Magog)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.