Sepulcro prehistórico da época megalítica, formado por un dolmen cuberto por un montículo de terra de planta circular e de arredor de cinco metros de altura
Etimoloxía
Vocábulo que bebe do latino mammulam, diminutivo de mama.
Exemplos *
“En Gargamala, ademais das representacións esparexidas entre as laxes, cobra un significado especial o foxo e a mámoa lixeiramente lonxe dos petróglifos pero aos que se pode chegar sen dificultade.” (Mar Barros: A Nosa Terra, 23-1-2003)
“Porén, a erosión e o quecemento global están rabuñando palmo a palmo o illote, e varias das súas mámoas e dolmens, xoias prehistóricas case únicas na Galicia insular, xa foron devoradas polas mareas e o vento.” (Manuel Rey: GCiencia. O portal da ciencia galega,11-2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.