Que mama moito ou que o fai durante un período máis longo do habitual.
Etimoloxía
Deriva de mamar, do latín tardío mammare.
Exemplos *
“Algunhas exercen unha actividade que, en certa medida, as achega aos vampiros, e que consiste en chuchar o sangue dos meniños, sendo por iso coñecidas baixo o nome de meigas chuchonas, mamonas ou zugonas.” (Vítor Vaqueiro: Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria)
“… infantes inocentes arrincados doutras nais, mamonciños aínda , a querer cobrar os cartos anunciados …” (Víctor Fernádez Freixanes: O enxoval da noiva)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.