Lugar onde nace ou do que mana a auga
Etimoloxía
Palabra creada sobre o verbo “manar” que vén de manare ‘gotear’.
Exemplos *
“Esta vez non. Porque estou mellor aquí que na miña casa. Óense pingueiras: un ruído constante do manancial que se filtra a través da pedra.” (Miguel Sande: Se algún día esta muller morta, 2006)
“Aínda que che poida sorprender, has de saber que neste momento estamos sobre unha mina natural de auga. Aquí abaixo había unha cova pola que se accedía ao manancial orixinal.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.