manar

Saír líquido ao exterior

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latín manare que significaba ‘correr un líquido’, ‘destilar’.

Exemplos *

“Mira agora en dirección á fonte, da que mana auga por dous canos, e comproba como o sol dá sen forza nas paredes das casas, entre as que destaca unha con escudo señorial e portas oxivais, que recorda as vellas esencias desta cidade.” (Augusto Pérez Alberti: Teceláns. Viaxes, 2002)

“A estampa que nos amosa o rochoso do Pindo, tinguido dunha cor rosa certamente enigmática, é a imaxe que máis nos chama a atención, pero non é a única, xa que un pequeno regueiro de auga que parece manar do corazón do mesmo nome reclama a nosa atención.” (Ignacio González: O Correo Galego, 26-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.