mandado

Aquilo que se lle manda facer a alguén

Etimoloxía

Vocábulo que resulta da substantivación do participio do verbo “mandar” que vén do latín mandare que ten un significado semellante.

Exemplos *

“Emporisos, goréntame o traballo; / mais quero traballar con liberdade, / sen que ninguén m’o ordene / e sen imporlle aos outros o meu mandado.” (Florencio Delgado Gurriarán: “Eu son ineficiente”, O soño do guieiro, 1986)

“Apuntouse voluntario para levar un recado urxente ao bispo de Braga e outro a Afonso Lopes de Baiam, que seica acaba de chegar coas súas mesnadas de pelexar en Al-Ándalus ás ordes do rei Fernando de Castela, e aínda non se sabía por quen volvía, se polo Capelo ou se polo Boloñés. O mandado ben o podería cumprir calquera.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.