mandarín

Dialecto chinés que conta co maior número de falantes e que serve de base á lingua oficial do Estado

Etimoloxía

Préstamo do portugués onde se adaptou o termo malaio mantari, que á súa vez bebe do sánscrito mantri ‘conselleiro’.

Exemplos *

“Dentro de pouco teremos tálamo, hipotálamo e un microchip cerebral con toda a historia antiga e os dicionarios de alemán, inglés e mandarín —moi útil para entenderse cos recepcionistas do hotel en Shangai—.” (Xurxo Mariño Alfonso: Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas, 2005)

“Ducias de homes e mulleres de seis cuartas rodeábanos con curiosidade, falando en coreano, laosiano, vietnamita ou mandarín. Era evidente que non se entendían, falaban para si .” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.