mandarina

Froito dunha árbore da mesma familia ca a laranxeira, máis pequeno ca a laranxa e cunha pel que se desprende facilmente

Etimoloxía

Crese que a denominación relacionada coa froita fai referencia a “mandarín” pola cor dos traxes que levaban eles.

Exemplos *

“Tivo un mandarino diante da casa, e unha señora recomendoulle varealo, castigalo e flaxelalo tódolos días para que lle dese mandarinas ao chegar o outono.” (Inma López Silva: Concubinas, 2002)

“Deron conta das onzas de chocolate , das galletas e das dúas mandarinas que a nai de Davide lle puxera na mochila para a súa merenda.” (Lino Braxe: A cor do ceu, 1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.