Peza de roupa ampla que se pon, xeralmente, por riba da roupa e que pode ser aberta por detrás ou levar botóns por diante
Etimoloxía
Palabra derivada grazas a un sufixo aumentativo de “mandil” que vén do árabe hispano mandíl que bebe do clásico mandil pero crese que emparentado co latín mantile ‘pano’.
Exemplos *
“Os tratantes estratexicamente situados, altivos e ollo avizor, cos seus mandilóns e os sombreiros para seren facilmente vistos desde lonxe polos clientes.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra / O paisano, 2010)
“As alumnas do Colexio Alemán non levaban mandilón coma elas e, en lugar de pololos, para faceren a ximnasia usaban uns pantalóns curtiños que deixaban ver todas as pernas.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a rosa, 2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


