Porción de la ou liño que se pon na roca para fiar.
Etimoloxía
Deriva de man, procedente da denominación latina para esta parte do corpo, manus, -us.
Exemplos *
“O liño asedado gárdao a Ermitas en manelas, á espera do fiadeiro, a noite alegre de soñar.” (Xosé Vázquez Pintor: Os vellos oficios)
“Logo de asedadas todas e cada unha das estrigas, tórcense e doméanse á metade e, deste modo, quedan feitas as manelas.” (Xosé Manuel Gil de Bernabé e López: O liño)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.