mangosta

Mamífero de pequeno tamaño da orde dos carnívoros, de corpo alongado, de cor entre parda e gris, patas curtas e cola longa, que vive en África e Asia tropical

Etimoloxía

Palabra que se toma do francés mangouste de significado semellante.

Exemplos *

“Por ser capaz de inxerir animais velenosos sen sufrir molestias, suponse que serve de antídoto contra a mordedura das serpes. Ademais, adoitaba traducirse por donicela o nome da mangosta, inimiga da velenosísima cobra.” (Xosé Ramón Mariño Ferro: Os animais na medicina máxica tradicional, 1997)

“Mais a iso da media noite espertouno unha dor aguda que lle impediu recobra-lo sono. Volteábase no leito, bañado en suor, laiándose, maldicindo á mangosta e ó Xosé, que durmía fondamente. Por fin ergueuse e púxose a pasear enfervecido no mouro interior da choza.” (Antón Risco: Tres situación elementais, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.