manifestación

Reunión numerosa de xente na rúa para protestar contra algunha cousa ou para reivindicar algo

Etimoloxía

Chega desde o latín manifestatione, de significado semellante aínda que na súa orixe remitía a ‘alguén que sostiña algo na man’.

Exemplos *

“Máis dunha vez ten chegado asustada das cargas da policía nas manifestacións polas rúas en protesta polas súas condicións laborais.” (Guillermo Llorca: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo de fogar, 2008).

“O sábado 21 os galegos/as estamos convocados a unha manifestación na defensa da sanidade pública, ameazada polas políticas restritivas e privatizadoras do PPdeG.” (Xosé A. Perozo: Galicia Hoxe, 11-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.