maniotas

Dor que se sente nalgunha parte do corpo a causa do exercicio físico violento ou prolongado, pasado un certo tempo desde a realización deste

Etimoloxía

Vocábulo que se crea sobre o latín manus que significa ‘man’.

Exemplos *

“De cando en vez dábame unha botella cativa chea de mel para non pillar maniotas nas longas camiñadas.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

“Pero así e todo, a min non me deixaba de gustar que parolase de min daquel xeito. Comecei a nota-la dolor das maniotas nas pernas, e a das vexigas nos calcañares.” (J.L. Graña Muíño: Cerdido: lingua e outras realidades, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.