Acción e efecto de manipular
Etimoloxía
Termo procedente do francés manipulation con significado semellante.
Exemplos *
“Todo foi simple comenencia e manipulación, amais cun descaro impresionante.” (María Cristina Pavón Mauriz: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-11 / Coherencia, 2011)
“Foino como para demostrar solidariedade cos frades do mosteiro fronte á chulesca manipulación de poder da condesa a chamo do Marelar de Ourantes.” (David Otero: Nun bambán de non virar baldo / Dous no mapa, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.