mansío

Parte dun río, polo xeral preto das marxes, onde a auga vai máis lenta ou se detén

Etimoloxía

Termo que deriva do adxectivo “manso” que vén do latín vulgar *mansum, vocábulo que remite ao do clásico mansuetudo ‘mansedume’.

Exemplos *

“Espiuse, e tal coma a nosa nai o parira, despois de deixar a roupa na orela, riba dunha pedra, chimpouse o río, e púxose a nadar nas augas do mansío da presa.” (Xosé Fariña Jamardo: Golfaróns de sangue, 1989)

“Polos pés dos montes espállanse moitos soutos; as cimas están espidas. Xestas, uces, érbedos, escambrós, cornabudes, penedos, regatas, costas prepícitas... O Cabe forma alí moitas insuas e mansíos.” (Ánxel Fole: Terra brava. Contos da solaina, 1955)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.