Vivenda grande e luxosa
Etimoloxía
Termo que bebe do latín mansio que significa ‘residencia’, ‘morada’ que deriva do verbo maneo ‘permanecer’.
Exemplos *
“O Londres de finais do XIX non era o mellor lugar no que estar: escuridade, néboa, suciedade nas rúas, un contraste moi forte entre a xente pobre e eses ricos que van a festas en mansións.” (Ana Bulnes: Disquecool, 5-2014)
“Situábase nunha pequena elevación desde a que se podía ver, ao fondo, a ría de Arousa. Ao contrario doutras mansións, era dunha soa planta, moi ampla.” (Miguel Anxo Fernández: Bícame, Frank, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.