Peza de tea coa que se cobre unha mesa ou algo que sirva como tal, para comer sobre ela.
Etimoloxía
Vén da palabra latina mantele, –is 'toalla' ou 'pano'.
Exemplos *
"Polo mantel volven correr faragullas, estas son de pan." (Xesús Fraga: Tute para catro)
"Mesiña con mantel mostaza, parella, e outra vez o camareiro." (Carmen Pereiras: Pequenos infinitos)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.