Peza do vestiario feminino que se leva sobre a cabeza e que cobre as costas completamente ou só en parte
Etimoloxía
Palabra que procede da latina mantellum ‘veo’.
Exemplos *
“Descendentes das airosas / fillas da pagana Grecia, / elas de negro se visten, / delgadiñas e lixeiras, / refaixo e mantelo negro, / zapato e media de seda, / negra chaqueta de raso, / mantilla da mesma peza.” (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 1863)
“I hei de vendelos caros / polo Xaneiro, / i hei de xunta—los cartos / para un mantelo, / i heino de levar posto/ no casamento, / i hei...” (Rosalía de Castro: Follas Novas, 1880)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


