Capa de cerimonia que chega, polo menos, ata os pés.
Etimoloxía
Procede do latín tardío mantum, –i 'manto curto', termo de orixe incerta do que se cre que bebería dun mantellum, –i 'mantel'.
Exemplos *
"A raíña sen manto non parece tan raíña." (Xan Guisán Seixas: Número de patentes)
"Para aquela ocasión, o monarca elixira un manto de armiño e unha coroa de ouro e pedras preciosas." (Carlos Casares: Deus sentado nun sillón azul)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.