manuscrito, -a

Que está escrito á man

Etimoloxía

Voz que se toma do latín medieval manuscriptum 'texto escrito a man', que remite ao latín clásico manu scriptus ‘escrito a man’.

Exemplos *

“Don Xurxo non lles falara nunca daquel códice... O texto manuscrito parecía gardar algunhas semellanzas co volume dos Segredos de Alquimia que ela gardaba no seu cuarto, pero estaba escrito en latín...” (Elena Gallego Abad: Dragall III. A fraternidade do dragón, 2012)

“Cando rematei aquela gloria do ceo lembrei a carteira de coiro tamaño cuartilla que había detrás do prato, collina con curiosidade e observei que debaixo había unha nota manuscrita escrita cunha caligrafía bastante dubidosa que puña: Señor, atopamos a sua carteira tralo esquirtorio o limpar, debeulle cair.” (Tomás González Ahola: Da fría e distante estrela polar / Roi Bernal, reloxeiro especialista en reloxos xigantes, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.