Relativo ou pertencente a unha das tribos amerindias que habita a antiga rexión da Araucania (Chile)
Etimoloxía
Adaptación do termo maputche ‘home da terra’.
Exemplos *
“Ela Carolina, chilena, de nación mapuche, filla da cordilleira e veciña de moitas soedades...” (Luís González Tosar: Remol das travesías, 1989)
“Sendo que a leria discorría mansamente, con evocacións líricas da infancia, novas incribles dos xornais e unha homenaxe a certo poeta homoerótico mapuche (ou viceversa )... parrafeos de xente delicada.” (Bieito Iglesias: O mellor francés de Barcelona, 1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


