maquía

Porción de gran ou fariña que se lle paga ao muiñeiro por cada vez que se moe

Etimoloxía

Vocábulo de procedencia árabe makila ‘medida’.

Exemplos *

“Almorcei co muiñeiro despois que lle axudei a encher os sacos de fariña e separar a maquía.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)

“Así, unhas veces trátase de criticar aos muiñeiros polos seus abusos no cobro da maquía, ou no libertinos que se amosaban, críticas das que non escapa a súa familia máis achegada.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.