Técnica mediante a cal se transforma o aspecto dun actor co fin de que se semelle ao personaxe que debe interpretar
Etimoloxía
Voz derivada sobre o verbo “maquillar” que procede do francés maquiller que na terminoloxía do teatro significaba ‘pintar’.
Exemplos *
“Pola noite, o Colectivo Danzón organizará un baile no Toural, mentres que na discoteca Casting se levará a cabo unha festa de disfraces. (...) Así, o día 27 levaranse a cabo obradoiros de maquillaxe, disfraces e caretas, e en Casting actuará o grupo infantil Chema e Los Saltamontes e o mago Richard.” (Ana Iglesias: O Correo Galego, 23-2-1995)
“Os nenos foron onte os protagonistas de primeira actividade posta en marcha pola concellería de Festas no marco do Entroido, gozando dos talleres de maquillaxe, disfraces e máscaras dirixidos por monitores na praza do Toural, por onde pasaron numerosos peques dispostos a parecerse o máis posible ós seus ídolos.” (Redacción: Galicia Hoxe, 6-3-2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


