Mar a moita distancia da costa / Costa que non ten o abrigo da ría
Etimoloxía
Frase formada por “mar” que vén do latín mare de significado semellante e “aberto” que bebe do termo latino apertus ‘non pechado’, ‘aberto’ ou ‘libre’.
Exemplos *
“Inda non asimilada tanta beleza, sempre igual e sempre tan distinta, miraban á outra banda apreciando un mar aberto aparentemente tranquilo, pero que amosaba a súa enerxía batendo as rochas e facendo saltar a escuma como avisando que se atopaba tranquilo, pero non morto.” (Julio Santos Pena: Ons no meu corazón. Vivencias de tres anos da miña vida como mestre na Illa, 2018)
“No camiño fixemos unha parada para comer uns bocatas sentados nunha rocha a xeito de balcón sobre dun acantilado que daba ó mar aberto, non apto para quen padeza de vertixe.” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.