Antiga moeda española e portuguesa que tivo distintos valores segundo a época
Etimoloxía
Herdada do equivalente árabe murabiti ‘dinar dos almorábides’
Exemplos *
“Ata esa data había varias moedas convivindo: reais, onzas, pesos, pesetas, marabedís, etc.” (Xesús Corbacho: O Euro e a Construcción Europea, 2001)
“No ano 1680 o Concello da Coruña aplicaba un imposto dunha ducia de marabedís por libra de chacina.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.