Peixe da familia dos lábridos de tons verdes ou castaños e ata sesenta centímetros de lonxitude, que se alimenta principalmente de moluscos e crustáceos e vive en zonas rochosas con moitas algas
Etimoloxía
Denominación de orixe descoñecida. O peixe é recoñecido tamén co nome científico labrus bergylta.
Exemplos *
“O problema estivo en deixar de ir todas as mañás botar as nasas e tomar a mañá cos outros, volver á tarde para levantalas, vender na lonxa a ducia de nécoras que pillaba, que ás veces nin iso, dúas maragotas, uns lorchos, algunha xarda, e para de contar...” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)
“Agora xa está liberado da servidume do estómago. Nada de toros de maragota areada e fervida, ou de madrenla na tixola, ou de congro con chícharos.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


