maraxe

Brisa suave do mar / Axitación suave das ondas do mar, propia dos días de moita calor e de bochorno

Etimoloxía

Vocábulo que se crea por derivación mediante o sufixo -axe que se aplica ao substantivo “mar” que vén do equivalente latino maris.

Exemplos *

“A maraxe sopraba en contra das velas con suaves axadas. A noite estaba a piques de caer. Axiña chegamos á liña da costa, aínda bastante visible, pois o neboeiro mantivérase todo o tempo no mar sen lograr achegarse a terra.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“As inmensas correntes arrastraban os grandes bancos de peixe e con elas viñan diferentes agaxes e maraxes do morno Oeste. Todo isto supoñía para as rías galegas a máis alta riqueza.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.