marcar

Pór unha marca en algo para distinguilo e recoñecelo ou para facelo notar.

Etimoloxía

Non se coñece con seguridade a súa orixe, para a que se propón o verbo italiano marcare, de probable ascendencia xermánica.

Exemplos *

“Cando se xuntan no curro córtanlles as crinas e aprovéitase para marcar os novos poldros, logo de saber cal é a egua nai.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)

“Por fin o acordo chega e o mercador cómpralle o animal marcándoo cun sinal que fai cunhas tesoiras. […] o vendedor entrégalle a res “pero non a corda, porque hai a crenza de que con ela vai a sorte” da casa.” (Xosé Antonio Fidalgo Santamariña: Os saberes tradicionais dos galegos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.