marchar

Moverse dun lugar a outro a pé ou en determinados medios de transporte.

Etimoloxía

Chega a través do francés marcher ‘percorrer a pé’ que procedería do fráncico markon ‘deixar pegada’.

Exemplos *

“Tan axiña como escoitei dar as oito badaladas no sino da igrexa, mirei polo fachinelo e vin marchar ó señor Pardo e ó Iglesias pola Alameda adiante cara do Cantón.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova)

“Había que marchar para Trier, que en Múnic xa non pintaban nada, dixo Zacharias Eckmann, que tamén acababa de chegar.” (Inma López Silva: Concubinas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.