marea

Movemento periódico de ascenso e descenso das augas do mar causado pola forza da atracción do Sol e da Lúa

Etimoloxía

Palabra que procede, para esta acepción, do termo francés marée ‘marea’.

Exemplos *

“Para atallar, como a marea estaba moi baixa e o tempo apremaba, fomos pola praia de Areasgordas ata a punta Rodeira e dende alí á praia do Canaval, á que chegamos polo lado oeste, o das rochas.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

“O Mar Grande, praias e acantilados, convocábanos nas mareas vivas á aventura do polbo. Nos días sinalados, ás veces antes de romper o día, acudiamos á praia armados de garfos mangados en longos paus de cerdeira, iamos cachear as tocas onde moraban as prezadas e estrañas criaturas.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.