mareira

Marea viva / Movemento moi axitado do mar, con grandes ondas e sen borrasca

Etimoloxía

Vocábulo que se crea por derivación sobre o substantivo “mar” que vén do equivalente latino maris.

Exemplos *

“A perigosidade da navegación nesta zona de costa esgrevia e de forte mareira fai que reciba o nome de " Costa da Morte".” (Xosé Lois Ripalda: O pais dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)

“A boga, noutros tempos, competía coa sardiña e era moi solicitada. Esta especie é raro que frecuente o limpo, porque nel non atopa alimento, a non ser por forte mareira ou vaga de mar que entón recala nas rías e nestas retense e repousa até que arrea o mar. Logo volve para fóra a percorrer alladas e pedregais.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.