maremoto

Movemento violento das augas do mar producido por sacudidas sísmicas do fondo

Etimoloxía

Formación elaborada co termo latino mare ‘mar’ e o sufixo –moto derivado de motus, -us ‘movemento’ en analoxía con terremoto.

Exemplos *

“Cando a terra se detivo houbo un corremento de placas, e un maremoto.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK, 2008)

“Seres humanos e animais viviron en paz durante longos anos ata que unha noite, un forte maremoto partiu en dous o fondo do océano, facendo que o mar se elevase por riba das súas casas, arrasando todo ao seu paso” (Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.