Axitación lixeira do mar que provoca o vento, formando pequenas ondas
Etimoloxía
Vocábulo que procede do italiano maretta.
Exemplos *
“E o Iria navega e no ronsel de estrelas apagadas da robusta nao capitá, galeóns, botes, dornas e mecos que regresan coma pequenos snekers ou drakars viquingos, fendendo o mar con vivas maretas polo Ulla arriba, fan soa-las buguinas, retumbando polo extenso mar de cana e de treviña das Brañas de Laíño.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)
“De par de nós / a Lúa / fai ronseles infecundos / Mentras sonea a mareta / vai folleando no libro das velas / Irredentos velamios eshaustos / resiñados a pendurar da cruz” (Manuel Antonio: De catro a catro, 1928)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


