Instrumento de percusión semellante ao tambor, que se toca nalgunhas partes de África
Etimoloxía
Palabra que procede de África, das linguas bantús, onde se empregou o instrumento.
Exemplos *
“E de inmediato empezaron a soar a ritmo vivo tambores e marimbas. O crepúsculo xa caía célere e os homes prenderon as fogueiras. Arredor delas, animados polas palmas e berros dos seus compañeiros, os bailaríns improvisaron as súas danzas.” (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema, 1988)
“Manuel Antonio tocará a marimba / e un Amado Carballo aló no fondo convocará un recendo de campía, / e apagarase o lume da cachimba, / pecharei a xanela, manso e dondo, e a noite estenderase encol da ría.” (Darío Xohan Cabana: Patria do mar, 1988)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.