mariñeiro, -a

Persoa que traballa no mar realizando faenas de pesca

Etimoloxía

Trátase dun termo derivado sobre a voz “mariño” que procede do latín marinus ‘pertencente ao mar’.

Exemplos *

“Non o quero mariñeiro, / nin tampouco pescador; /porque ten o mar por cama / e o ceo por cobertor.” (José Pérez Ballesteros: Cancionero Popular Gallego [Reprod. facsimilar da 1ª edición], 1979)

“Para un irmau que teño, para un irmau solteiro, para un irmau que teño váiseme de mariñeiro.” (Xoaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa, 1973)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.